Programa para a mellora competitiva das empresas do mar
A aceleradora da internacionalización das empresas galegas da industria do mar.
Formación, información de mercados, misións comerciais e encontros con compradores internacionais para as pemes galegas do mar-industria.

Próxima cita
II Foro Competemar
Venres 6 de novembro de 2026. Xornada de peche da edición 2026 do programa.
O programa
Do coñecemento do mercado á mesa do comprador.
Competemar é o programa do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) para que as empresas galegas do mar gañen competitividade e vendan en novos mercados. Comezou en 2024 e vai pola terceira edición.
- 01
Formación
Curso de especialización en márketing e internacionalización, con titorías individuais para deseñar o plan internacional de cada empresa.
- 02
Información de mercados
Informes e webinars sobre cada mercado obxectivo: tendencias, canles de venda, requisitos de entrada e aranceis.
- 03
Misións comerciais
Axendas de reunións B2B con importadores e distribuidores, visitas a feiras e a puntos de venda.
- 04
Cheques de viaxe
Ata 2.000 € por empresa para participar nas misións do programa.



Taste the Sea
Sete empresas galegas do mar, ante máis de 60 compradores en Londres.
O 14 de outubro de 2026, en fish! (Borough Market), presentaron a súa oferta a importadores, distribuidores, responsables de compra e profesionais da restauración do mercado británico.
Accións 2026
Calendario do programa
| Data | Acción | Mercado | Estado |
|---|---|---|---|
| Marzo – novembro | Curso de especialización en márketing e internacionalización do sector mar alimentario (web do Clúster Alimentario de Galicia) 75 horas de formación en grupo, presencial en Santiago de Compostela, e titorías individuais. Co patrocinio de Cajamar. |
En curso | |
| 14–19 maio | Misión comercial directa a Shanghái e feira SIAL China (web do Clúster Alimentario de Galicia) Axenda B2B do 14 ao 16 de maio e feira o 18 e o 19, co Pavillón de Galicia da Consellería do Mar. |
China | Feito |
| 14 outubro | Atlantic Food Origins & Taste the Sea Sete empresas galegas do mar ante máis de 60 compradores en fish!, Borough Market. |
Reino Unido | Feito |
| 6 novembro | II Foro Competemar Xornada de peche do programa. |
Próximo |
Novas
Últimas novas
-
Taste the Sea – Atlantic Food Origins leva os produtos do mar galegos ao mercado británico da man de Clusaga (web do Clúster Alimentario de Galicia)
Sete empresas galegas do mar presentaron a súa oferta en Londres ante máis de 60 importadores, distribuidores, responsables de compra e profesionais da restauración.
-
O Programa de Dirección de Empresas Alimentarias culmina formando a medio centenar de directivos para o sector alimentario galego (web do Clúster Alimentario de Galicia)
48 directivos e directivas de empresas galegas completaron o programa, con San Telmo Business School, ao longo de nove meses.
-
Competemar conclúe a súa segunda edición consolidando a competitividade e a presenza internacional do mar-industria galego (web do Clúster Alimentario de Galicia)
Balance das edicións 2024 e 2025 e I Foro Competemar, con 50 profesionais no Museo Centro Gaiás.